Pasar al contenido principal

Novas axudas municipais aos hostaleiros de entre 3000 e 4000 euros

Arteixo aprobará o próximo xoves novas axudas aos hostaleiros afectados pola crise da COVID-19. 

Serán axudas dunha cuantía fixa de 3.000 euros para os bares, cafeterías e restaurantes que poderían chegar ata os 4500 € cando se trate de establecementos de categoría especial, que poden abrir ata máis tarde. Estes últimos levan pechados dende o mes de marzo. 

Todas as axudas tramitaranse dende o departamento de Promoción Económica que dirixe Ángel Vázquez.

Trátase de axudas de concurrencia non competititva, o que significa que todos aqueles que presenten a documentación requerida obterán a axuda xa que hai presuposto suficiente para os preto de 160 hostaleiros censados no municipio.  

Unha vez aprobado en pleno, as bases pasarán un trámite administrativo obrigatorio e se publicarán a finais de decembro que é cando poderán comezar a se presentar as solicitudes.

Os solicitantes cobrarán o 80% por adiantado e o 20% restante unha vez xustifiquen os gasyos.

Será a segunda liña de axudas municipais despois de que durante o pasado verán xa se repartiran 1'3 millóns de euros entre hostaleiros e comerciantes. 

A nova axuda será compatible coas que dispoñan outras administracións como a Xunta ou a Deputación provincial. 

Carlos Calvelo espera "que sirvan para que os hostaleiros podan sobrevivir á maior crise económica da súa historia”

Na mesma sesión plenaria aprobarase a modificación da ordenanza pola que non se cobrará nada a hostaleiros e hoteleiros pola recollida do lixo o que lles permitirá aforrar entre 262 e 410 euros.