Pasar al contenido principal

Campamentos multideporte para favorecer a conciliación durante as vacacións de Nadal

O Servizo Municipal de Deportes presenta o CAMPUS MULTIDEPORTE DE NADAL 2020. A actividade desenvolverase durante as vacacións escolares de nadal nas que os participantes poderán desfrutar de actividades recreativas, deportivas, xogos, festa final e algunha sorpresa. (Picnic e servizo de transporte incluído)

  • Organiza: Servizo  Municipal de Deportes Concello de Arteixo
  • Datas de celebración: 23, 28, 29, 30 de decembro e 4, 5 e 7 de xaneiro
  • Horario: de 10.00h a 14.00h
  • Idades: Nados desde o ano 2016 e ata 2005
  • Número prazas ofertadas: 40
  • Prezo: 28 €
  • Inscrición e información:
    • De xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes con cita previa. 981659171, 981659172.
    • A través do correo electrónico deportes@arteixo.org

Reunión informativa: 23 de decembro ás 10.00 h no Pazo dos Deportes, na que explicarán as normas da actividade e o protocolo de funcionamento

Procedemento de inscrición: inscrición directa  desde o 30 de novembro ata o ata o 18 de decembro. O impreso de inscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

 

  • Teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.
  • De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Arteixo, para a xestión de servizos. En calquera momento poderá exercitar, en relación cos seus datos persoais, os dereitos de acceso, cancelación e rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.