Pasar al contenido principal

De compras

Comercio

Comercio de Arteixo

No Concello de Arteixo poderás disfrutar das túas compras  nun ambiente agradable cheo de comercios de gran  vistosidade, onde atoparás ese trato amable e próximo que ofrece o pequeno comercio. 

A maior parte do comercio de Arteixo únese no Arteixo CCA (centro comercial aberto), o cal proxecta ó longo do ano diferentes actividades para que as túas compras en Arteixo se convertan nun atractivo máis para visitar o noso Concello. 

Arteixo CCA representa a cerca de 90 establecementos formado por comerciantes, hostaleiros e profesionais, convencidos de que xuntar forzas a través da súa unión é o xeito de lograr un pobo máis sostible e dinámico, necesidade fundamental para o correcto desenvolvemento das súas actividades comerciais e profesionais. 

 

Feira

Feira Municipal

O Concello de Arteixo conta cunha Feira Municipal que se celebra todos os sábados pola mañá na Praza do Balneario en plena capital municipal, onde se poden adquirir produtos tradicionais da horta e froitas ademais doutros produtos téxtiles, calzado, ferraxería etc.

Esta feira celebra neste ano 2016 as súas vosas de prata. Xa son vinte e cinco anos ao longo dos cales se promocionaron os produtos do campo fomentando ao mesmo tempo, a dinamización do comercio local deste municipio.

Descubre cada sábado un espazo no cal se pode saborear a cultura arteixá e pasar momentos especiais, coñecendo as súas xentes e a súa gastronomía.

 ARTEIXO É TRADICIÓN. VEN COÑECELA