Pasar al contenido principal

Arteixo terá un "Paseo das Letras"

O goberno local de Arteixo levará o pleno municipal do próximo xoves un acordo para nomear o tramo de paseo fluvial dende a entrada na Avenida do Balneario ata a isleta do cruce como "Paseo das Letras". 

O novo paseo será oficial no acto simbólico do día 14 de maio, con motivo da Entrega do Premio Murguía e a conmemoración das letras galegas. Considérase necesario denominar dito tramo, dado a envergadura que está a adquirir o paseo fluvial para facilitar a identificación, tanto do vial como do edificio do Centro Cívico  existente, propoñendo ademais a colocación de todos os nomes dos gañadores do Certame Manuel Murguía nestes 30 anos de vida, para que perduren no tempo e manter así unha seña de identidade propia do lugar, evitando que co paso do tempo os distintos autores queden esquecidos.

O obxectivo desta iniciativa pasa por potenciar os diferentes proxectos que conforman o programa cultural municipal, sobre todo os que pertencen á cultura máis de noso, tal e como como acontece no caso do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía, considerado o buque insignia da cultura do noso pobo e dado que este ano estamos a celebrar con distintos actos o seu 30º aniversario.

Desta maneira a iniciativa tamén servirá para identificar este tramo do paseo fluvial, posto que na actualidade o tramo que discorre entre a Avenida do Balneario e a isleta que delimita as Parroquias de Arteixo con Loureda, onde se xuntan o tramo do paseo da Igrexa Parroquial de Arteixo, o tramo do paseo cara o Camiño dos Cabalos (Centro de Saúde) e o entronque do Río Bolaños co Rego da Bidueira, carece de nome.

Propónse nomear como Paseo das Letras o devandito tramo do paseo fluvial, e dar traslado do nomeamento do mesmo a os diversos organismos competentes, Coma o Instituto Nacional de Estatística (INE), Correos, Catastro, Deputación, Consellería de Cultura (Xunta de Galicia), asi como aos departamentos do concello aos que afecte dito nomeamento.