Pasar al contenido principal

O Concello usará vinagre para retrasar o crecemento de malas herbas nos camiños

Os operarios municipais utilizarán un producto natural e habitual en países como Alemaña. Trátase do vinagre pulverizado, que ralentizaría o crecemento da vexetación que prolifera nos lindes dos camiños sobre todo nos meses de primavera e verán.  

O departamento de medio ambiente que dirixe Víctor Merelas conta anualmente preto de 1.100 quilómetros de roza en distintas vías municipais. O Concello dispón de 330 quilómetros de vías públicas que se limpan tres ou catro veces ó ano. Utilizan, ata o de agora, catro tractores que, xunto cos operarios municipais que se ocupan destes traballos, limpan entre un e dous quilómetros lineais diarios.