Pasar al contenido principal

Educación abre o prazo para solicitar as axudas de comedor para o curso 2021/2022

LIÑA 1 - AXUDAS PARA COMEDOR ESCOLAR: Procédese á apertura de prazo para presentación de solicitudes para curso 2021/2022

  • Prazo de solicitude: do 10 de maio ao 10 de xuño 2021.
  • Documentación a aportar: modelo normalizado que se pode obter na páxina web do Concello (www.arteixo.org) no que se concede autorización para que o Concello obteña os datos e documentación doutras administracións.

Só se deberá achegar documentación nas seguintes situacións familiares:

  • Para acreditar horario de conciliación familiar: certificación da empresa onde se especifique dito horario.
  • Copia de sentenzas e convenios reguladores cando proceda.
  • Fotocopia da comunicación de concesión de prestación de desemprego si é o caso.

Aconséllase consultar as bases reguladoras para toda a información necesaria.

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE:

  • Na sede electrónica (www.arteixo.org)
  • Presencial:
    • No departamento de Educación en horario de 9:00 a 14:00 h.
    •  Atenderase sen cita previa por orde de chegada.
    • Noutros rexistros municipais según sistema establecido en cada un.

IMPORTANTE: será obrigatorio o cumprimento da normativa derivada do COVID 19 e directrices de seguridade.  

O prazo de presentación previsto para a Liña  2 e a Liña  3 é o seguinte:

Liña 2 (axudas para adquisición de libros e material didáctico): No mes de outubro de 2021.

Liña 3 (axudas á mobilidade para estudantes): No mes de outubro de 2021