Pasar al contenido principal

Os escolares de Ponte dos Brozos levantan un "muro de dereitos"

A Concellería de Servizos Sociais, dirixida por Inés Ramos,leva a celebración da VII Semana Intercultural ó CEIP Ponte dos Brozos. Nesta ocasión a temática escollida foi "os dereitos humanos e os da infancia". Nenos e nenas de todos os cursos de primaria confeccionaron "O muro dos dereitos" co que se recollen os dereitos que os máis pequenos consideran máis valiosos para calquera persona.

Os escolares de Arteixo compartiron actividades, talleres, teatro e xogos relacionados coa interculturalidade e a diversidad e tamén disfrutaron dunha obra de monicreques completada cunha actividade na que tiñan que recoñecer os dereitos da infancia. O obxectivo lles achegar a realidade dos refuxiados.

Ningún dos que os visitaron procedía de Siria para, explican en Servizos Sociais, facer fincapé en que non todas as persoas refuxiadas teñen esa procedencia, a persecución e a vulneración de dereitos aparece noutros países tamén.

Inés Ramos destaca que A Semana Intercultural completa as actividades que dende o departamento se realizan ao longo do ano relacionadas coa diversidade, integración e normalización dentro da colaboración habitual cos centros educativos.

Na Semana Intercultural participa todo alumnado do centro, cunha especial implicación do equipo directivo e profesorado. O número de alumnos e alumnas supera os mil, e 36 aulas de primeiro a sexto de educación primaria.