Pasar al contenido principal

Arteixo adica máis de 260.000 euros á promoción do deporte

As axudas deportivas beneficiarán a 36 entidades de diversas disciplinas deportivas co obxectivo de que promocionen a práctica deportiva entre os veciños. Arteixo recibiu no 2016 o Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa.

O concello de Arteixo investirá no 2017 262.500 euros en axudas as entidades deportivas, o que supón más dun dez por cento de subida sobre os 235.700 euros investidos no 2016.

Á parte dos convenios coas distintas asociacións e clubes, o departamento de Deportes do concello de Arteixo, que dirixe Purificación Zas, ofrece tamén 31 modalidades nas escolas deportivas municipais. O Programa de Escolas Deportivas Municipais é o principal programa de fomento do deporte e actividade física en Arteixo.

Actualmente hai máis de oitenta grupos de actividades e 31 modalidades deportivas. As modalidades dependentes do municipio máis utilizadas dentro da Escolas Deportivas Municipais son, por este orden, o aeróbic, o fútbol, a ximnasia de mantemento, o pilates, a ximnasia específica para a terceira idade, yoga, tenis, patinaxe, ou atletismo.

Ademáis de estas actividades, o departamento tamén promove aquelas actividades que se realizan en instalacións municipais, aínda que fora do sistema das Escolas Deportivas Municipais, como poden ser a liga de fútbol sala municipal, as actividades da piscina municipal ou aqueles deportes que se practican dentro da estructura das diferentes federacións en instalacións municipais.

Máis de 14.500 personas en Arteixo están apuntados nalgún equipamento municipal para practicar algún deporte, unha das cifras, proporcionalmente falando, máis altas de Galicia.