Pasar al contenido principal

Tres estilos para celebrar o Día Internacional da Danza

O Día Internacional da Danza lembra o nacemento de Jean-Georges Noverre, innovador e estudioso de este arte, mestre e creador do ballet moderno

Hip-Hop chega a Meicende o venres 5 de maio coa compañía de danza Exire que forman Alba Fernández e Estefanía Gómez. O espectáculo, a partir das 20 h, percorre a historia do hip hop dende os seus inicios ata a actualidade. A entrada é con invitación.

A compañía traspasa ademáis o ámbito do escenario e, tamén o venres, se achegará ó CEIP San Xosé Obreiro coa intención de que este tipo de
espectáculo chegue á xente máis nova. Os alumnos de quinto e sexto de primaria do centro participarán, na mañá do venres, en sendos "workshops" xunto coas bailarinas profesionais.

Hip-Hop

 

Xa en Arteixo, tamén o venres 5 de maio, o auditorio do Centro Cívico acolle a actuación das alumnas da Escola de Ballet Cinderella. Será ás 20:45 h e interpretarán pezas nas que combinan diferentes estilos de danza, dende o neoclásico, pasando por jazz, flamenco e ballet clásico.

Tango estará en Arteixo o sábado día 6. O Quinteto Nuestro Tiempo achegará ás 20:00 h no Auditorio de Arteixo a esencia de Bos Aires coas súas harmonías que abarcan non só a música, senón tamén o estilo, o testemuño documental e a danza.

O concerto contará coa participación da bailaríns Laura Dez e Diego Cornella.

As entradas, ós prezos habituais, pódense mercar ata o venres en horario de 9:00 a 14:00 h ou 1 h antes da función