Pasar al contenido principal

Aforro, reciclaxe e concienciación son os obxectivos do plan de residuos municipal que comezará a operar en xaneiro de 2018

O plan de residuos que hoxe presentaron o alcalde Carlos Calvelo e o concelleiro de Obras José Ramón Amado terá un coste, para os próximos 8 anos de 10.150.000 euros e o seu coste previo estará no entorno dos dous millóns. 

Unha parte importante do plan, e incluida neses 10 millóns,  será a concienciación.

A reciclaxe e o abaratamento do recibo, que no primeiro ano podería pasar dos 126 euros anuais ós cen euros ou menos, son os principais obxectivos do novo sistema. O alcalde está convencido de que será un referente en Galicia. O executivo, que hoxe tamén presentou este plan á oposición, asegura que o aforro nos recibos será, en principio, de 30 euros anuais aínda que podería ser máis.

O concello, segundo o mesmo documento,  podería obter ingresos superiores ó medio millón de euros en concepto das aportacións que terán que facer organizacións como "Ecoembalajes" ou "Ecovidrio" en concepto de gasto de contedores así como os ingresos procedentes da venda de materiais como o papel cartón, o vidro ou os envases lixeiros. 

 

Audio