Pasar al contenido principal

En xuño ábrese o prazo para solicitar as prazas vacantes nas escolas deportivas municipais para o vindeiro curso 2017/2018

RENOVACIÓN DE PRAZAS

Segundo o artigo 8 da ordenanza nº 34 “prezo público pola prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos”

ARTIGO 8. Normas de xestión. 1. A non asistencia ás actividades contempladas nesta ordenanza non xerará ao obrigado ao pagamento, dereito de devolución dos prezos abonados, agás que se produza algunha das seguintes situacións:

                 a) Que a actividade, obradoiro ou taller, tivera alteracións na súa organización, por causas imputábeis a Administración.

                 b) Que a actividade, obradoiro ou taller non chegara a desenvolverse por causas imputábeis a esta Administración.

 

NOVAS INSCRICIÓNS

  • Aquelas persoas que xa estiveron inscritas no Programa de Escolas Deportivas Municipais no curso 2016/2017 e non superen o 30 % de faltas de asistencia, poderán renovar a praza no mesmo grupo.
  •  
    • Prazo: Do 1 ao 16 de xuño, entregando o xustificante de pago antes das 14.00 h do 16 de xuño de 2017
    • Lugar: Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas)
    • Solicitándoo a través do correo electrónico deportes@arteixo.org, indicando nome, apelidos, dni e grupo no que se atopa inscrito e solicita a renovación
    • Prazo de preinscrición: do 1 ao 15 de agosto
      • O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, Pazo dos Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
      • No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
    • Exposición de persoas preinscritas: A partir do 21 de agosto na páxina web municipal.
    • Sorteo público: 24 de agosto ás 11:00 h no Salón de Plenos do Concello.
    • Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 25 de agosto na páxina web municipal e nos taboleiros de anuncios
    • Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (28 de agosto – 15 de setembro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
    • Deberán achegarse os seguintes documentos:
      • Folla de inscrición
      • Recibo de pago
    • De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións a partir do un de outubro.
    • Lembramos que o calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa>
    • Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na Pasarela de pagos do concello
Prazos e lugares de inscrición