Pasar al contenido principal

Un verán para pequenos arqueólogos e piratas

A biblioteca pon en marcha a súa "Escola de Arqueólogos" na primeira quenda do mes de xullo. Entre o 3 e o 14 dese mes a rede municipal organiza unha serie de actividades, entre as 10 e as 13 h, e de luns a venres, destinadas a espertar nos máis pequenos o seu interés polo estudio do pasado a través dos vestixios que atopan no presente. Como Indiana Jones.

Trátase da primeira parte da oferta veraniega da Biblioteca que se completará, entre o 17 e o 31 de xullo e no mesmo horario e días, con "Piratas na cidade".

En ambos casos a motivación á lectura, ó lecer e a curiosidade da rapazada son os obxectivos principais. Tamén as dúas quendas contemplan unha saída ó parque escultórico da Torre de Hércules.

Os interesados deben de se inscribir na Biblioteca Henrique Rabuñal e o prazo finaliza o 20 de xuño próximo. O sorteo de prazas, en caso necesario, será o 22 de xuño.