Pasar al contenido principal

Setenta e cinco obras concorren ó XV Certame de Fotografía ambiental

Os traballos, adicados este ano ós recursos turísticos medioambientais do Concello, son obra de 38 autores chegados dende distintos puntos da comunidade galega.

A exposición poderá visitarse en horario de 10.00 a 14.00 h e de 16.30 a 20.30 h de luns a venres.

A entrega de premios faráse o día 9 de xuñoás 20.30h. Previamente, ás 18.00 h, organizarase unha Masterclass de Fotografía Nocturna a cargo de Daniel Llamas e Daniel Lois do colectivo Enfoque Nocturno, con entrada libre.

O Certame de fotografía Ambiental nace no ano 2003 coa intención, entre outros obxectivos, de promover unha toma de conciencia crítica e sensible respecto do medio ambiente. Este certame ofértase a toda a poboación, particularizando naquelas persoas que teñen un grado de sensibilidade medio ou alto polo ambiente, ben porque lles gusta o estudio ou a difusión do seus valores estéticos, paisaxísticos, educativos, científicos, etc. ou ben por que teñen unha preocupación polos problemas antrópicos ocasionados nel e que fan insostible a nosa forma de desenvolvemento que temos adoptada desde fai varias décadas.