E ti, ¿qué fas no verán?
O programa combina actividades físicas, lúdicas, formativas, con viaxes fóra do Concello e de dinamización en locais sociais.
Mocidade activa e divertida. O departamento de Participación Cidadá quere que os mozos de Arteixo, entre 13 e 20 anos, participen e teñan un verán activo. Pon en marcha, con ese obxectivo, o seu programa de verán no que queren, principalmente, que a mocidade aproveite o seu tempo de lecer.
A oferta de actividades inclúe, dende obradoiro de hip-hop, ata voley praia ou construcción de robots.
Podes inscribirte, teñen preferencia os empadroados en Arteixo, do 14 ó 22 de xuño; e no caso de superárense o número de prazas ofertadas realizarase un sorteo público o luns 26 de xuño , ás 12 h. no Salón de Plenos do Concello.