Pasar al contenido principal

Miles de cidadáns sairán á rúa nunha nova edición do día do deporte

Baloncesto, fútbol, tenis, golf, judo, tiro con arco, kick boxing, triatlon ou salvamento deportivo. Serán 31 actividades distintas as que a Concellería de deportes pon en liza para celebrar, o próximo 25 de xuñoo, a XVI Edición do Día do Deporte na rúa co que se pretende, ademáis de compartir unha xornada festiva, a sensibilización cara á práctica deportiva continuada; o acceso á práctica deportiva a cidadáns de todas as idades ou amosar a variedade deportiva como elemento demostrativo e motivador cara á creación de hábitos deportivos saudables.

O Servizo Municipal de Deportes destaca, un ano máis, a alta participación deste tipo de eventos que na edición de 2016 congregou a preto de 4000 personas das que 1500 participaron activamente nas distintas estacións deportivas distribuidas ó longo do paseo fluvial.

A xornada se desenvolverá en horario de mañá, de 12.00 a 14.00; e pola tarde entre as 17.00 e as 19.00 h.