Pasar al contenido principal

Electricidade e hostaleiría súmanse á oferta do Centro de Formación Municipal

O Alcalde Carlos Calvelo presentou hoxe, acompañado da concelleira de educación Celina Varela e o xefe territorial de educación, Indalecio Cabana, os novos ciclos de FP que comezarán a se impartir no curso 2017/2018 no novo centro de formación municipal. Trátase dos ciclos de electricidade e hostaleiría para os que, segundo o primeiro edil, existe unha gran demanda en Arteixo. 

Calvelo e Cabana sinalaron a posibilidade de incoporar, no curso 2018-2019, novos ciclos como o de xardiñeiría "si a demanda que se detecta acompaña a súa creación". O primeiro edil sinalou que "sempre debemos traballar según a demanda de emprego que exista no concello co obxectivo de adaptar a formación á demanda laboral que exista”.