Pasar al contenido principal

Tres novas prazas para humanizar o entorno de Rañobre


O Concello de Arteixo e a Autoridade Portuaria de A Coruña destinarán 159.000 euros á mellora do entorno de Rañobre. A entidade local aportará 87.831 euros e o Porto o resto. 

Trátase dunha actuación enmarcada na mellora dos núcleos afectados polo Porto Exterior. Neste caso o investimento se adicará á construcción de tres pequenas prazas. Unha se situará preto do lavadoiro de Rañobre, un enclave tradicional na que se habilitará un pequeno área de esparexemento e un aparcadoiro. 

A segunda das prazas estará no Lugar de Rañobre 35, onde se situará unha pequena zona verde con bancos e aparcamentos. A tercera plazoleta se ubicará no Lugar de Rañobre 64, e se concibe, principalmente,  como un espazo verde vexetal.

A actuación inclúe ademáis a mellora do vial que comunica Suevos e Rañobre para facelo de uso peonil e de vehículos relacionados con labores agrícolas. Tamén se ampliará o camiño que comunica Rañobre coa praia de Sabón; unha vía peatonal, e o entorno situado fronte ó centro cívico de Rañobre, onde se ampliará o aparcamento e se engadirá novo mobiliario urbano.