Pasar al contenido principal

Procedemento sancionador contra unha empresa pola ausencia inxustificada dun profesor

O concello de Arteixo iniciará un procedemento sancionador a empresa encargada de dar as clases do programa Reforzo de Verán a dazasete alumnos inscritos no programa de entre 13 e 15 anos de idade.

O motivo foi a ausencia inxustificada dun educador que tiña que atender as clases de reforzo destes alumnos durante a mañá de onte.

As clases impártense desde as 10.30 as 13.30 na aula da natureza Muiño Vello para todos aqueles alumnos que queiran mellorar coñecementos en diversas asignaturas de nivel ESO. O concello pide disculpas as familias que participan neste programa pola ausencia do educador, pero a empresa tampouco notificou a tempo o concello a súa ausencia que trastocou os plans de alumnos e familiares.