Pasar al contenido principal

Meicende abre a aula de teatro infantil

É a segunda edición desta actividades despois do éxito acadado coa primeira experiencia piloto realizada no último trimestre do curso 2016-2017. 

A aula diríxese a nenas e nenos de 6 a 12 anos, e abranguerá un curso completo. Comezará o luns, dia 2 de outubro, no Auditorio do CSC de Meicende ás 17:00 horas.

Previamente, do 26 ao 28 de setembro, deberá aboarse o prezo do curso completo que queda fixado en 27,00 €, segundo a ordenanza nº 34 reguladora do prezo público pola prestación de servizos culturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos.

Os participantes utilizarán material didáctico asequible, e se fomentará a reutilización de obxectos en desuso, roupas vellas, ou papel, sin que supoña un desembolso económico para as familias. Os monitores facerán especial fincapé nos valores de coidado do medioambiente e a reciclaxe.

Para calquera cuestión relativa ao desenvolvemento deste curso escolar, as familias deberán dirixirse ao SM de Cultura e FF, no Centro Cívico Cultural de Arteixo, en horario de 9:00-14:00 horas (cultura@arteixo.org / 981641803).

 

CALENDARIO DA ACTIVIDADE:

 

  • Dende o luns 2 de outubro de 2017 ata o 18 de xuño de 2018. Os luns: 25 de decembro, 1 de xaneiro, 12 de febreiro, 26 de marzo e 2 de abril non haberá actividade por mor de diferentes festividades.

 

  • Horario: de 17:00-18:30 h

 

 

 

Documentos: