Pasar al contenido principal

Máis de 3000 escolares do municipio participan nos programas "Educatízate" e "Concilia"

O concello de Arteixo, a través da concellería de Educación que dirixe Celina Varela, abrirá o 1 de setembro o periodo de inscripción para participar nos seus dous grandes programas educativos que comezarán o 11 de setembro.

Trátase  dos programas Educatízate e Concilia, nos que participarán 3900 escolares de todo o municipio e que supoñen unha inversión de 275.000 euros anuais.

O concello tamén extenderá os campamentos de verán ata o próximo 11 de setembro (os interesados en apuntarse ao campamento que terá lugar entre o 1 e o 11 de setembro teñen ata o próximo martes para inscribirse). Neste verán xa participaron 527 anos nos campamentos nos seis tipos de campamentos educativos organizados polo concello, dos cales dous -Os gardiáns do medioambiente e Os animais do mundo- foron en inglés. Este último campamento educativo (1-11 de setembro) estará adicado os Oficios de sempre, no que se poñerán en valor os oficios propios do país a través de actividades e xogos.

Campamento de verán

Respecto a Educatízate e Concilia, arredor de 3.900 escolares participarán nestes programas. Dentro de Educatízate, o concello ten actividades como as denominadas Luditardes, onde nenas e nenos de entre 3 e 11 anos están participando en actividades que se están levando a cabo na Aula da Natureza situada na Travesía de Arteixo. As actividades relacionadas desta iniciativa están relacionadas coa creación de hortos, experimentos coa auga, relatos científicos, formas de evitar a contaminación, etc.

Outra das actividades que ten o programa Educatízate é a iniciativa Xogando a medrar, que ten por obxecto a execución de sesións educativas para familias con nenos e nenas de 8 a 36 meses de idade, que teñen como obxectivo o desenvolvemento dos menores para favorecer as súas capacidades de cara a coñecer o seu propio corpo e o doutras persoas, observar e explorar o seu contorno familiar, natural e social; adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais; e desenvolver as súas capacidades afectivas.

O concello de Arteixo tamén organiza o programa de actividades Concilia, que ten por obxecto facilitar a conciliación familiar no concello a través de programas deportivos e educativos fóra do programa lectivo escolar, e que se desenvolve a través de actividades puramente educativas, deportivas e no formato de campamentos durante as vacacións de Nadal, Entroido, Semana Santa e Verán.  Lévanse a cabo actividades específicas cos seguintes contidos:

 

  • Primeiro trimestre: “Xogamos”. Lévanse a cabo técnicas de psicomotricidade a través de xogos.
  • Segundo trimestre: “Cantamos”. A través de técnicas básicas de educación musical, o alumnado familiarízase con instrumentos musicais e cancións infantís.
  • Terceiro trimestre: “Falamos”. Trabállanse conceptos de idioma estranxeiro (inglés)  para a adquisición de vocablos adaptados ao nivel dos participantes.

 

Cociña, teatro e idiomas

Outras actividades dentro de Educatízate son teatro, cociña, idioma estranxeiro, xadrez ou baile moderno. Desde o concello realízase unha oferta de actividades para cada o nivel educativo de todos os centros escolares do término municipal: escolas de educación infantil (5 escolas), centros de primaria (4 centros), centros de secundaria, bacharelato e FP. Un total de 12 centros teñen a opción a participar en calquera das propostas que se plantexan para desenvolver dentro do centro ou fóra a través das saídas. Para executar no horario escolar dentro das aulas, a oferta á que poden optar é a seguinte:

 

  • OBRADOIROS DE TRADICIÓNS: Neles desenvolveronse aspectos relativos ós patróns culturais que as xeracións heredan das anteriores, entendidas como tales os valores, crenzas, costumes e formas de expresión artística características dunha comunidade transmitidos por vía oral.
  • OBRADOIROS “CONCIÉNCIATE”: o obxectivo é que os participantes adquiran noción e dimensión da importancia do seu propio coidado físico e, ademais, que se fagan conscientes da importancia da cooperación social para que o seu entorno sexa mellor.
  • OBRADOIROS “DIFERENTES PERO IGUAIS”: incídese na importancia de entender a diferencia como un feito normal para evitar a discriminación. Neste bloque plantéxase o obradoiro “SINTO” como unha xornada práctica onde se experimente sobre as circunstancias da discapacidade.
  • OBRADOIROS AMBIENTAIS: actividades grupais que incidan na importancia do respeto ó medioambiente a través de propostas como “día da árbore”, certamen de pintura ambiental e “auga, fonte de vida”.
  • OBRADOIROS DE PREVENCIÓN E SEGURIDADE no que se aborda a Educación Vial, primeiros auxilios, simulacros e primeiros auxilios
  • OBRADOIROS “OS NOSOS MAIORES” desenvolto por un grupo de voluntarios de maiores que lles contan aos máis pequenos a súa experiencia a través de contacontos, explicación dos xogos da súa infancia, como era a escola de antes e a emigración que tiña lugar na súa época.

Por outra banda, a través do programa Saímos a coñecer mundo ofértanse saídas fóra do centro agrupado nos seguintes roteiros temáticos:

  • Roteiro industrial (visitas a industrias de distintos sectores productivos)
  • Roteiro de servizos públicos con visitas ao Concello, ao Parlamento de Galicia, á Autoridade Portuaria ou a empresas de diversos sectores. 
  • Roteiros ambientais con visitas organizadas á Fraga de Sisalde, Encoro de Meicende, Litoral arteixán, área recreativa de Barreiros ou Paseo Fluvial. Os rapaces de calquera nivel descubrirán que moi cerca deles hai zonas de gran interese e valor.