Pasar al contenido principal

Listados das persoas con praza nas actividades de Informática e Smartphones

Dous cursos de iniciación e catro de perfeccionamento distribuidos en ata catro sedes distintas. O Departamento de xuventude e participación cidadá continúa cos habituais cursos de informática que, cada ano, pretenden achegar as novas tecnoloxías a todas as idades e contribuir ó estreitamento da chamada "brecha dixital". 

Tamén se pon en marcha un curso para, en pouco máis de oito horas,aprender as funcións básicas, e non tan básicas, dos modernos smartphones. 

O periodo de pago, en ambos caso, será os días 18 e 19 de setembro en horario de 9 a 14 h. no Departamento de Participación Cidadá, na Travesía de Arteixo, 247 2º andar (981 659 095 /180)