Pasar al contenido principal

O auditorio recibe o venres ó mellor espectáculo infantil do ano

A Danza da Choiva, de Elefante Elegante,  é un espectáculo de teatro xestual con danza, manipulación de obxectos e monicreques que trata, cunha linguaxe visual, corporal e potética de expresar cómo  o cambio climático transforma a realidade de moitas persoas en diferentes lugares do planeta.

Escrita, dirixida e interpretada por María Torres e Gonçalo Guerreiro o espectáculo, para un público familiar e infantil a partir de 3 anos, chegará ó auditorio de Arteixo o venres 22 de setembro ás 20:00 h.

A Danza da Choiva obtivo o premio María Casares ó mellor espectáculo infantil do ano 2016. 

As entradas pódense adquirir en horario de 9:00 a 14:00 h ou 1 hora antes da función ao módico prezo de 3 €, ou cun desconto do 25% para estudiantes, maiores de 65 anos ou persoas con mobilidade reducida. Os grupos de máis de 20 persoas tamén poden beneficiarse dunha redución do 20%.

A Concellaría de Cultura e Festas de Arteixo lembra, por outra banda, que este venres tamén finaliza o prazo de inscrición para a Aula de Teatro de Meicende, donde aínda quedan prazas libres. Dirixida a nenas e nenos de 6 a 12 anos, abranguerá un curso completo e se impartirá a partir do mes de outubro, os luns de 17:00 a 18:30 h, cun custe mensual de 5,00 € por alumna/o.

 Os/as interesados/as poderán realizar a súa inscrición no SM de Cultura e Festas en Arteixo. No caso de que as inscricións superen as prazas previstas, realizarase un sorteo, establecéndose unha listaxe de agarda para o resto do curso 2017-2018.