Pasar al contenido principal

Deportes adica máis de 250.000 euros a axudar ás entidades deportivas do concello

A corporación municipal debate no próximo pleno ordinario unha modificación da ordenanza que regula o prezo que hai que pagar polo uso das distintas instalacións deportivas municipais. 

O executivo pretende, con este cambio, que as entidades ou asociacións deportivas non teñan que pagar polo uso destas instalacións xa que, expoñen, " teñen escasa capacidade económica con poucas fontes de ingresos, e que dependen en gran medida das subvencións das administracións públicas".

Beneficiaranse desta medida todas as entidades deportivas sen ánimo de lucro que desenvolvan  unha actividade deportiva federada regular en Arteixo e que estén incluídas no Rexistro Municipal de Entidades.

A Concellería de deportes inviste en 2017 un total de 262.500 euros en axudas a entidades deportivas, o que supón máis dun dez por ciento de incremento sobre os 235.700 euros investidos en el 2016.

Estas axudas benefician a 36 entidades de diversas disciplinas co obxectivo de que promocionen a práctica do deporte entre a veciñanza.