Pasar al contenido principal

As bibliotecas municipais recuperan os contacontos para bebés

A Rede Municipal de Bibliotecas de Arteixo volve a programar as demandadas sesións de contacontos para bebés. Trátase dunha actividade que pretende estimular os sentidos dos máis pequenos a través da lectura e a xestualidade. 

Os contacontos, a partir do 4 de outubro nas bibliotecas de Arteixo e Meicende, son para bebés de 1 a 3 anos do noso concello que deberán estar acompañados, exclusivamente, por un adulto.

Totem e Charo Pita serán os encargados de desenvolver esta actividade que comezará, en todos os casos, ás 18,50 h. 

Na Biblioteca Central de Arteixo será o 4 de outubro, con Totem; e o 18 de outubro con Charo Pita. 

En Meicende Charo Pita estará o día 5 de outubro. 

Se queres ver mais información podes consultar co persoal das bibliotecas no teléfono 981 659108 da Biblioteca Central de Arteixo "Henrique Rabuñal" ou no teléfono 981 274027 da Biblioteca de Meicende "Antón Castro". Tamén tedes o correo electrónico biblioteca@arteixo.org.