Pasar al contenido principal

Casi medio millón de euros para as instalacións deportivas municipais

O concello de Arteixo investirá este ano 2017 cerca de 470.000 euros nas instalacións deportivas públicas do municipio.

O pasado verán remataron as obras da nova pista multideporte de Chamín  na que se investiron 57.000 euros; tamén se abordou a mellora no polideportivo de Arteixo por un total de 54.183 euros; as obras de mellora no campo de fútbol de Arteixo por un total de 22.700 euros; obras de mellora nos campos de fútbol de Meicende que costaron  48.448 euros; nos campos de fútbol de Suevos se investiron 15.939 euros, en Oseiro 3.442 euros, e en Freán 2.462 euros.

Ademais acometéronse melloras no no polideportivo de Galán por un importe de 11.002 euros.

Outros proxectos agora en licitación, pero que se iniciarán a finales deste ano e polo tanto entrarán no investimento do 2017 serán un nova pista multideporte en Galán que costará 180.000 euros;  e unha nova pista de chave en Borroa na que se investirán 50.000 euros.

Pazo dos Deportes

Estas inversións están en consonacia co auxe da práctica deportiva nun municipio no que cerca de 15.000 personas están inscritas nalgunha instalación ou escola municipal co obxectivo de practicar deporte. Esto supón que o cerca de 45% da poboación de Arteixo utiliza as infraestructuras deportivas do concello.