Pasar al contenido principal

De ruta pola industria do municipio

Trinta e catro alumnos dos ciclos de hostaleiría e electricidade de FP do IES de Sabón coñeceron nas últimas horas os pormenores do día a día dunha das empresas de alimentación ubicadas no concello de Arteixo. A actividade comezou cunha charla e a continuación a visita guiada.

É unha das actividades incluidas no "Roteiro Industrial" do programa Educatízate que pretende, ademáis de coñecer as distintas empresas, ofrecer á comunidade educativa un enfoque trasversal na abordaxe de temáticas que son complementarias aos contidos educativos.

O programa Educatízate, é un programa municipal para toda a comunidade escolar no que se ofrecen actividades agrupadas en obradoiros temáticos con distintos obxectivos, contidos e metodoloxías adaptados ás idades do alumnado.