Pasar al contenido principal

O Concello finaliza os traballos de mellora nos centros educativos

O Departamento de Obras aproveitou o parón estival das clases para acometer diversos traballos de mellora en varios dos centros educativos do municipio. 

Foron 235.000 euros repartidos entre os cerca de 72.000 euros invertidos no CEIP Galán; 66.000 no San Xosé Obrero de Meicende; 44.000 euros destinados ó Ponte dos Brozos e preto de 23.000 euros para a mellora da aula de cociña de Vilarrodís.

En Meicende acometeuse a ampliación do comedor, a biblioteca e o patio infantil mentres que en Ponte dos Brozos traballouse na ampliación e mellora da biblioteca e distintas aulas. 

En Galán o Concello adaptou os aseos, coa eliminación de distintos elementos constructivos, ás necesidades das distintas idades que conviven no centro así como unha importante reforma do pavillón polideportivo. Nas escolas infantís de Pastoriza e Vilarrodís acometéronse melloras no mobiliario, alumbrado, rede eléctrica ou o muro exterior.