Pasar al contenido principal

A biblioteca convoca un concurso de poesía para homenaxear a Rosalía de Castro

A Biblioteca Henirque Rabuñal de Arteixo convoca un Concurso de Poesía co que pretende render homenaxe á figura de Rosalía de Castro. Será o 24 de febreiro próximo. 

A convocatoria é para a rapazada dos cursos de 4º, 5º e 6º de primaria.  

Os traballos, de temática libre e un máximo de 30 versos,  pódense entregar na Biblioteca Central ata, como máximo, o 2 de febreiro de 2018 .

O xurado estará composto polos membros do Club de Lectura da Biblioteca Central que deberán elexir a 4 finalistas por nivel. O 24 de febreiro deberán de acodir á biblioteca para declamar a obra coa que se presentaron e se dará a coñecer o gañador de cada nivel e o global que, como premio, levará unha tablet. 

 

Documentos: