Pasar al contenido principal

Circo, acrobacias, maxia e música de Disney na cultura da fin de semana

Circo, humor, maxia e música combínanse para protagonizar a carteleira cultural de Arteixo do próximo venres 2 de Febreiro. 

O Centro Cívico e Cultural acollerá, a partir das 20.45 h, a actuación de Cair Circo que, despois de ser seleccionado no premio do público no festival "Entrepayasos",  en Zaragoza, presenta "Erori", unha obra chea de golpes e caídas, malabares e acrobacias ó servizo da dramaturxia. Para todos os públicos e con entrada a 3 euros para o público en xeral e a 2,25 euros para maiores de 65 anos ou estudantes de ensinanzas homologadas.

Tamén o venres chega a Meicende “A música máxica” de Os Tocacontos. Será ás 20.00 h. 

Trátase dun percorrido máxico, para toda a familia, inspirado no mundo de Disney.

O espectáculo, gratuito e con invitación, combina a música coas máis divertidas imaxes das películas de animación máis populares.

As invitacións pódense recoller 1 hora antes da actuación no mesmo centro até completar a capacidade da sala.

Tocacontos