Pasar al contenido principal

O Centro Cívico acolle unha exposiciòn sobre a rapa das bestas

O Centro cívico e cultural acolle dende hoxe a exposición de fotografía "Un día na rapa das bestas (do monte ó curro)" de Sindo Novoa que recolle intres dunha das festas máis populares de Galicia, en Sabucedo, e que foi declarada de interés turístico nacional. Na mostra asistimos a instantes desta festa, dende que os cabalos están no monte, comezan a baixar cara Sabucedo, momentos dentro do curro durante a rapa e desparasitación.

A exposición, que permanecerá aberta ata o 16 de marzo próximo, inaugúrase hoxe ás 20.30 h. 

Sindo Novoa, que se iniciou na fotografía de forma autodidacta, acadou distintos premios e recentemente ven de publicar no Blog Punto de Enfoque do Xornal "El País" unha fotografía desta exposición ao ser escollida para a galería das 30 mellores no concurso #MiMejorFoto.

Rapa das Bestas