Pasar al contenido principal

Arte e música nos campamentos de semana santa da concellería de educación

Arte como fío conducutor. O campamento de semana santa que oferta a concellería de educación abordará a expresión artística así como a promoción, interese e curiosidade polas distintas formas de arte. 

A actividade, que terá un custo de 16 euros e un máximo de 40 prazas, será os días 26, 27, e 28 de marzo e 2 de abril en horario de 10 a 14 h e de desenvolverá na aula de natureza e en Agarimo de forma simultánea se o número de inscritos o requerise. 

Un ano máis a concellería de educación aposta tamén polo Laboratorio Musical que nesta edición traballará sobre  os distintos aspectos artísticos da creación musical a través da utilización de elementos cotiáns non propiamente musicáis.

O laboratorio terá un máximo de 30 prazas e un custe de 12 euros. Será de 10 a 13 horas os días 26, 27, e 28 de marzo nas dependencias da Escola de Música (Centro Cívico Cultural de Arteixo).