Pasar al contenido principal

Os autores de Territorio Acoutado falan da súa obra

A sala de mostras do Centro Cívico e Cultural de Arteixo acolle dende o pasado 19 de marzo a exposición de fotografía e poemas “Territorio acoutado” de Carlos Lorenzo e Olga Patiño. 

O proxecto poético-fotográfico mistura os pomeas da galega Olga Patiño e o fotógrafo Carlos Lorenzo que interactúan nos seus procesos creativos e dan como resultado un poemario e unha colección de 21 imaxes. O xermolo son as lembranzas da poeta e dos seus períodos de vacacións que de nena pasou en Carral.

Ambos autores manterán unha charla coas persoas interesadas o próximo 27 de marzo. Será a partir das 18.00 h na sala de mostras do centro cívico. 

Territorio Acoutado é unha exposición e un libro editado por Edicións Espiral Maior. Os poemas enraízan no Carral de hai unhas décadas e as fotografías, difusas e imprecisas, captan un Carral recente e transformado.

A mostra, que permanece aberta ata o 4 de abril, preséntanos unha combinación entre fotos e poemas que describen Carral dun xeito totalmente novo.