Pasar al contenido principal

Adestramento para heroes e velada de boxeo na axenda da fin de semana

O "Heroican Training" é unha sorte de competición baseada nas pistas de obstáculos que comezaron a utilizar os marines americanos e que se desenvolve por grupos.

A actividade chega a Arteixo da man da piscina municipal e o servizo de deportes que organizan, o venres 13 de abril, unha competición deste tipo nas inmediacións da piscina municipal, paseo fluvial e campo de fútbol.

Os participantes deberán superar unha serie de obstáculos e pasar por unha serie de estacións onde deberán realizar un traballo funcional aproveitando o entorno e utilizando material auxiliar.

A inscripción para a actividade realizarase na recepción da piscina municipal, sendo gratuita para os socios, e con un custe de 5€ para os non socios.

O boxeo chegará o sábado cunha con diferentes combates amateurs. Será no Pazo dos deportes e a apertura de portas será ás 19.30.

Boxeo