Pasar al contenido principal

VII Trofeo Mini BTT - Concello de Arteixo

O Club Ciclista Arteixo MB3 organiza este sábado 28 de Abril desde as 17.00h, o VII Trofeo Minibtt Concello de Arteixo, no que participarán uns 400 ciclistas de entre 6 e 14 anos, dando comezo con esta proba ao calendario Minibtt da Federación Galega de Ciclismo.

O circuito esta vez atópase no Motoclub Saltamontes Arteixo.(Circuito vello de autocross de Morás)

Cóntase para este evento cun gran apoio de comercios de Arteixo, desde novos patrocinadores como Tapizados Arteixo ou Sherpani Outdoor Sports, e colaboradores como Arteixo Centro Comercial, General Óptica Arteixo, Mastelle e Consultorio Dental Ana Cabeza.

Destacar tamén a colaboración do Concello de Arteixo, Motoclub Saltamontes Arteixo e o Autocross Jorge Lozada. 

 

Mini BTT