Axudas municipais á contratación ano 2020
O prazo de solicitude será do 08.09.2020 ao 30.09.2020
As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica municipal, coa convocatoria que adxunto e os anexos que se achegan.
Consultar bases xerais no BOP.
Documentación a aportar:
- Relativa a Empresa
- D.N.I. ou documentación equivalente para os estranxeiros da persoa que asina a solicitude. No caso de sociedades, poder suficiente para actuar no nome da entidade do/a representante.
- C.I.F., escritura de constitución e inscrición no Rexistro Mercantil, no caso de persoas xurídicas.
- Alta no Censo de Obrigados Tributarios e alta no Imposto de Actividades Económicas, do solicitante.
- Solicitude segundo o modelo do Anexo I
- Declaración responsable segundo o modelo do Anexo II
- Modelo de designación de conta bancaria
- Relativa ao Traballador
- Fotocopia compulsada do D.N.I. dos/as traballadores obxecto de contratación.
- Informe da vida laboral actualizada do traballador con data posterior a contratación.
- Contrato de traballo rexistrado polo Servicio Público de Emprego de Galicia.
- Certificado de minusvalía ou xustificante de ter recoñecida unha incapacidade permanente en grao total ou gran invalidez (no caso de contratación de persoas discapacitadas).