Pasar al contenido principal

Fin de semana de fútbol, cos máis pequenos

Atletico ArteixoNestas datas o Club Atlético Arteixo, celebra os seus torneos de fútbol dirixidos aos máis pequenos. Esta fin de semana terán lugar os de categoría Prebenxamín e Biberóns, cos seguintes horarios:


Sábado 26 de de maio Torneo de Futbol 8 Concello de Arteixo categoría Prebenxamín, en horario de 10.00h a 18.30h

Domingo 27 de maio Torneo de Futbol 8 Concello de Arteixo categoría Biberón, en horario de 10.00h a 14.15h

A competición terá lugar nos campos de fútbol situados na zona deportiva na Avda Arsenio Iglesias
 

Toda a información na WEB do Club Atlético Arteixo