Pasar al contenido principal

Arteixo clausura en A Laracha o obradorio de emprego

Ovidio Rodeiro, delegado da Xunta, acompañou ós alumnos de Arteixo e A Laracha na clausura do obradorio de emprego que puxeron en marcha, xunto coa administración autonómica e de forma conxunta, ambos concellos e que contou cunha aportación económica da consellería de economía de 280.000 euros. 

Clausura
Clausura do obradoiro de emprego A Laracha-Arteixo

A clausura, no concello de A Laracha, pon fin a nove meses de traballo no que vinte alumnos aprenderon a traballar na conservación e mellora de montes e en carpinteiría e moble. 

A iniciativa, promovida por Arteixo e A Laracha, é un modelo de cooperación que adoptaron tamén outros municipios da zona.