Pasar al contenido principal

Hostaleiros e políticos adiantan un horario de apertura e peche para as terrazas

As terrazas dos locais de hostaleiría poderían abrir, no verán, entre as 7 e a 1 da mañá de luns a xoves; e de 7 a 2 da mañá en fin de semana. É a proposta que os hostaleiros transmitiron onte ós catro partidos da corporación cos que se reuniron, a proposta do executivo local, no salón de plenos da casa consistorial. 

A medida reduciría en tres horas o horario máximo actual de verán mentres que o horario de inverno se reduciría en dúas horas. A proposta, para os meses de outubro a maio, é de 7 da mañá ás doce da noite entre luns e xoves, e ata a unha da mañá en fin de semana. 

Os representantes de PP, Psoe, BNG e TEGA debatirán a idoneidade destes novos horarios e, si chegan a acordo, publicarase unha instrucción que os recolla. Na xuntanza tamén acordouse que dita instrucción deberá servir para comprobar a idoneidade dos novos horarios que, de non garantir a convivencia e o descanso dos veciños, poderían volver a se modificar.