Ir o contido principal

30.000 litros de desinfectante para a limpeza diaria das rúas

O concello de Arteixo realiza labores de limpeza e desinfección diariamente nos lugares nos que o estado de alarma permite a concentración de cidadáns como os centros de saúde e os supermercados.

Estes traballos lévanse a cabo cada día e ocúpase ademáis, dando prioridade ao anterior, dos principais viais do municipio. Os equipos de traballo usan preto de 30.000 litros de desinfectante diarios. 

Os labores de impeza tamén céntranse nos contedores do lixo que supoñen, un dos puntos de máis tránsito de veciños que, diariamente, acoden a tirar a basura. O Concello pide aos usuarios que depositen as luvas de goma que algúns ursan para levar o lixo, no contedor do resto, xa que aparecen moitas desas luvas na vía pública.