Ir o contido principal

Aberto o prazo para o banco de instrumentos

Qué é o banco de instrumentos? É un sistema de préstamo de instrumentos para que o alumnado da Escola empadroado poida realizar a súa aprendizaxe cando non dispoña de instrumento propio.

Cando se pode solicitar? O prazo é do 23 ao 28 de setembro

Quen pode solicitar? Alumnado empadroado matriculado na Escola Municipal de Música na disciplina de práctica instrumental.

Cómo se solicita? Entregando o modelo de solicitude nos rexistros do Concello acompañado da documentación requerida.

Documentación a aportar:

  • Modelo normalizado de solicitude
  • Fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo da identidade da persoa para a que se solicita o préstamo, dos proxenitores ou dos representantes legais segundo proceda.
  • Fotocopia do libro de familia ou documentación que o substitua.
  • Impreso de autorización para a obtención dos datos tributarios do ano fiscal que corresponda das persoas que integran a unidade familiar con idade laboral. As persoas non obrigadas a declarar presentarán tamén a dita autorización. En todo caso, é obriga e responsabilidade das familias estar ao corrente nos seus datos fiscais coa AEAT.