Ir o contido principal

Acciona presenta un novo trazado de tendido eléctrio que atende aos requerimentos do Concello

A empresa Acciona presentou ao concello un novo trazado de tendido eléctrico que evita o valo e inclúe un soterramento de tres kilómetros. 
A empresa atende deste xeito aos requerimentos do concello que consideraba moi lesivo a primeira proposta e que foi motivo de alegacións por parte da administración local. O alcalde advertira dos perxuízos medioambientais da proposta, de máis de 13 km de extensión, que afectaba directamente a unidades de paisaxe protexidas como Xermaña, Sorrizo, Barrañán, vales de Barrañán, Lañas, Rego das Pontellas e vale do río Bolaños.

O novo trazado presentouse nunha reunión presidida polo alcalde Carlos Calvelo e á que se convocou a 7 asociacións veciñais e aos representantes de todos os partidos políticos con representación no pleno

A empresa cumpre deste xeito o requerimento dunha moción institucional aprobada en pleno na que se solicitaba un trazado alternativo e menos lesivo.

LAT