Ir o contido principal

Actividades extraescolares curso 2017-2018

Prazo

  • Do 1 ao 30 de setembro (de quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións ao longo do curso)

Comezo das actividades

  • Primeiro día lectivo do curso para o alumnado que teña formalizada a inscrición.

Inscricións

  • Actividades deportivas: Servizo Municipal de Deportes (Complexo Deportivo Municipal de Arteixo) de luns a venres de 09.00 a 14.00 h. Teléfono: 981659172
  • Actividades educativas: Departamento de Relacións coa Comunidade Educativa (Av dos Bosques 16),de luns a venres de 09.00 a 14.00 h. Teléfono: 981647294.
  • Unha vez comece o curso poderanse facer en horario de 16.00 a 18.00 h nos propios centros escolares.

Número de prazas: Limitadas. Precísase un número mínimo de participantes para levar a cabo a actividade (Educativas: 5 participantes / Deportivas: 10 participantes).

Servizos complementarios

  • Ocioteca: só para o alumnado que empregue regularmente o servizo de comedor ou transporte escolar e asista a algunha actividade extraescolar o día no que solicita a inscrición na ocioteca. É obrigatorio facer unha inscrición previa.

Prezo Público e  forma de pago: determinado pola ordenanza fiscal número 34 ou normativa que a substitúa.

O prezo público pode ser obxecto de redución segundo as circunstancias socioeconómicas da unidade familiar.

Formas de pago:

  • Abonar o importe total nun só pago: xunto coa inscrición.
  • Abonar en dous prazos (cando o prezo a aboar  por alumno sexa superior a 50 €)
    • Xunto coa inscrición: 50 %
    • 1-20 febreiro: 50%

A baixa na actividade ao longo do curso non exime do pago do segundo prazo.

Importante: en aplicación das normativas dos centros, queda terminantemente prohibida a permanencia no recinto escolar  das persoas acompañantes do alumnado que asiste á actividade.

 (Ver anexos)