Ir o contido principal

Aprende a recuperar o suelo pélvico

Abdominais hipopresivas, exercicios de potenciación, e corrección postural. Traballar a anatomía básica do tórax e a pelvis así como aprender as causas de lesión e as súas consecuencias; coñecer os tipos de incontinencia urinaria e o seu tratamento autónomo son os pilares sobre os que se asenta este taller que organiza o CiM e que se dirixe a todas as mulleres maiores de 18 anos, interesadas. 

Trátase dunha actividade gratuita que se desenvolverá o próximo 29 de marzo no Pazo dos Deportes de Arteixo en horario de 12 a 13.30h. 

Para poder participar no mesmo é preciso inscribirse, ata o 26 de marzo, no Centro de Información ás Mulleres. Podes obter máis información a través do teléfono 981601415. 

suelo pélvico