Ir o contido principal

A arqueoloxía local centra a nova ruta de turismo científico

A arqueóloga Puri Souto encabezará o próximo tres de novembro a nova ruta que dentro do programa de "turismo científico" organiza a concellería de Promoción e desenvolvemento. O Castro de Castelo, en moi boas condicións de conservación, será o núcleo principal dun camiño que discorre entre Monteagudo e Sorrizo. 

Puri Souto explicará as características destes poboados Prehistóricos, Idade de Ferro e a súa implantación no territorio e permitirá detectar as pegadas dos nosos antepasados desde a Prehistoria

Os intersados poden se inscribir no Departamento de Turismo e Normalización Lingüística ou ben chamando ao 981 659 177.

As rutas de turismo científico comezaron en 2016 co obxectivo de que os veciños valoren os recursos singulares dos que dispón o Concello de Arteixo, desestacionalizar o turismo e divulgar o coñecemento científico para todos os públicos ao mesmo tempo que se goza do tempo de lecer.