Ir o contido principal

Arteixo adica máis de 170.000 euros a axudas escolares para comedor e material

O concello de Arteixo abre o prazo para recibir axudas para pagar o material escolar dos alumnos do concello e para optar as becas do comedor. As axudas están destinadas a alumnos que estudien nos centros educativos de Arteixo. As familias cobrarán as axudas antes de final de ano.

A Concellería de Educación convoca as axudas ao estudo para o curso 2017/2018. O prazo actual é para as axudas das liñas 1 (axudas para comedor) e liña 2 (axudas para adquisición de libros e material didáctico). O Concello adica a este fin 178.000 €. Os destinatarios destas axudas son:

  • Axudas para o comedor: alumnos de segundo ciclo de ensino infantil, ensino obrigatorio primario e secundario, bacharelato ou ciclos de grao medio de formación profesional que se cursen en centros sostidos con fondos públicos do término municipal
  • Axudas para adquisición de libros e material didáctico: alumnado do nivel de educación infantil de centros sostidos con fondos públicos

Para formalizar a solicitude das axudas, deberase entregar o formulario e a documentación complementaria.

O concello de Arteixo concedeu o ano pasado axudas destinadas a pagar o material escolar dos alumnos do concello e para sufragar os gastos de comedor nos centros escolares. Das primeiras concedéronse 268 axudas e das becas de comedor foron 256. O departamento de Educación, que dirixe Celina Varela, destina a estas dúas liñas de axudas un presuposto de 178.000 euros anuales. As axudas están destinadas a alumnos que estudien nos centros educativos de Arteixo. Posteriormente a súa tramitación os interesados poderán comenzar a cobrar as axudas antes de finais deste ano. As axudas para a compra de material escolar sitúanse entre os 90 e os 150 euros por escolar según a renta familiar.

Todas estas axudas siguen uns baremos marcados según a renta dos interesados, que poderán verse compensados económicamente desde un prezo de cero euros –en caso da axuda máxima no comedor, por exemplo- ata diferentes porcentaxes que irán desde o 20% ata o 100% aproximadamente do prezo destes servizos. Os interesados poderán recibir información no departamento de educación municipal. Todas estas axudas están pensadas para todos os nenos que estexan empadronados no concello de Arteixo.

Posteriormente a súa tramitación os interesados poderán comenzar a cobrar as axudas a finais deste ano. Máis adiante abrirarse o prazo da concesión das axudas o transporte dos estudantes de ensinanza secundaria ou universitaria que se vexan obrigados a desplazarse fora do concello.