Ir o contido principal

Arteixo adica máis de 250.000 euros a axudas escolares para comedor e material

Arteixo aumenta o número de axudas e a cuantía das mesmas para que as familias dos escolares afronten os gastos do material didáctico e do comedor. 

Son, neste curso, un total de 340 becas para comedor, foran 290 no exercicio pasado;  e 227 para material escolar. O concello adica a este fin un total de 260.000 euros, que se pagarán as familias a mediados do mes de decembro.

Os destinatarios destas axudas son, no caso das becas de comedor, os alumnos de segundo ciclo de ensino infantil, ensino obrigatorio primario e secundario, bacharelato ou ciclos de grao medio de formación profesional que se cursen en centros sostidos con fondos públicos do término municipal. As axudas para o material didáctico destínanse ao alumnado do nivel de educación infantil de centros sostidos con fondos públicos.

Todas estas axudas siguen uns baremos marcados según a renta dos interesados, que poderán verse compensados económicamente desde un prezo de cero euros –en caso da axuda máxima no comedor, por exemplo- ata diferentes porcentaxes que irán desde o 20% ata o 100% aproximadamente do prezo destes servizos. Os interesados poderán recibir información no departamento de educación municipal. Todas estas axudas están pensadas para todos os nenos que estexan empadronados no concello de Arteixo.

Posteriormente a súa tramitación os interesados poderán comenzar a cobrar as axudas o mes próximo. Máis adiante concederanse tamén axudas o transporte dos estudantes de ensinanza secundaria ou universitaria que se vexan obrigados a desplazarse fora do concello.