Ir o contido principal

Arteixo aposta polas enerxías renovables e o desenvolvemento no sector agrícola

O pleno municipal de abril abordará a semana próxima unha importante rebaixa nas taxas que a administración local cobra pola construcción de invernadoiros e a instalación de placas solares. 

A taxa actual pola instalación de placas solares é de 37,7€ por m2 e pasará a ser de 1'5€ por m2. 

Os invernadoiros, que actualmente teñen unha taxa por metro cadrado construido, pasará a ter unha taxa única por construcción sempre que sexa unha unidade constructiva independente. 

En 2019 o Concello xa aprobara unha bonificación do 95% do ICIO para a construcción de invernadoiros o que supuxo a modificación da ordenanza fiscal número 4. A xeneración de emprego que estas iniciativas do sector primario acadaron nos últimos anos está motivada, sobre todo, pola demanda que teñen este tipo de productores das grandes cadenas alimentarias e dos comedores de empresas do polígono de Sabón. O ICIO supoñía pagar como imposto o 3'1% do presuposto final da obra. Desta forma o concello, prácticamente eliminou nos últimos dous anos , todas as taxas e impostos para a construcción de invernadoiros. 

Arteixo pretende, con esta iniciativa, facilitar a creación de postos de traballo no sector agrícula e fomentar o uso das enerxías renovables.