Ir o contido principal

Arteixo celebra o Día Internacional da Danza

O universo de Joan Miró dende a mirada da compañía balear Baal Dansa é a cita que o programa "Primavera das Artes" da Concellería de cultura, trae a Arteixo con motivo do Día Internacional da Danza.

"Mira Miró" é un espectáculo de danza e vídeo que recolle unha selección da obra gráfica de Miró. As vivas cores, as formas xeométricas e a aparente “ totipotencia” das “figuras e personaxes” estimulan a fantasía, deixando entrever que todo é posible. Como por encantamento as pinturas adquiren vida e transpórtannos a un  cosmo-universo imaxinario. 

Será o venres 30 de abril ás 19h. As entradas, a 4 e 3 €, pódense mercar o propio venres de 11:30-13:30 h ou 2 h antes do comezo da función na billeteira do Centro Cívico até completar a capacidade da sala.

Día Internacional da Danza

Alkis Raftis, Presidente do Consello Internacional de Danza-UNESCO, fixo pública a mensaxe oficial do Día da Danza 2021, que se celebra o próximo 29 abril desde que en 1982 fose establecido polo Consello Internacional da Danza CID. Mensaxe que queremos compartir con todas/os vós:

"Hai 80 anos, Europa vivía o ano 1941: gran parte de Europa está ocupada, imponse o toque de queda, a radio está prohibida, ás veces non hai electricidade. As familias pasan longas horas da noite en casa sen nada que facer, en condicións que conducen á depresión e a crise nerviosa; desespéranse.
Os avós veñen ao rescate: os seus recordos remóntanse á época en que as persoas podían crear o seu propio goce, cando non dependían da televisión, de saír a cear, ir ao cine ou asistir a eventos.
Tiñan entretemento activo, non pasivo. Os máis novos perderan a capacidade de gozar, contar historias, contar chistes, cantar e bailar na casa en boa compañía.
Os anciáns convertéronse na alma da festa, cantando vellas cancións, bailando, e reunindo a toda a familia con eles, ademais dos veciños. Así é como as cancións e bailes medio esquecidos saltaron dunha xeración a outra e sobreviviron, producindo despois da guerra un renacemento das danzas tradicionais.
Como profesionais da Danza, pensen no seu papel na situación actual de pandemia, peche e toque de queda. A xente necesítalles agora e necesitaralles despois desta crise. Produzan unha vacina contra o virus da alma: vostedes saben como facer bailar á xente. Escoiten a chamada: respóndana!"