Ir o contido principal

Arteixo colaborará con ASPACE para mellorar o transporte dos afectados de parálise cerebral

Arteixo colaborará con ASPACE no financiamento do transporte para afectados pola parálise cerebral. Trátase de mellorar a calidade de vida destes enfermos con residencia no noso municipio. Será a Asociación de Afectados por esta enfermidade a encargada de facilitar ao concello unha relación dos seus usuarios. 

A Concelleira de Servizos Sociais Inés Ramos foi a encargada de asinar hoxe este acordo de colaboración que supón un apoio máis ao traballo de índole social que ASPACE desenvolve en Arteixo. 

ASPACE celebrou hoxe en Arteixo o se acto central do Día Mundial da Parálise Cerebral no participaron os centros educativos do concello, asociacións e veciñanza en xeral. Asistiron, ademáis da concelleira Inés Ramos, a conselleira de Política Social Fabiola García e o alcalde Carlos Calvelo. 

Aspace

Aspace utiliza neste Día da Parálise Cerebral a lenda Dálle a volta para reivindicar os dereitos e a igualdade destas persoas. Durante os actos celebrados esta mañá en Arteixo leuse un manifesto e os participantes deixaron as súas mensaxes de apoio ás persoas nesta situación na que denominaron a Árbore dos Desexos.