Ir o contido principal

Arteixo conmemora, como cada ano, o 8 de Marzo

O Concello de Arteixo,  a través da Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Educación e Sanidade, que dirixe Inés Ramos, organiza  a pesar das restriccións, distintos actos que se adaptan á situación sanitaria para seguir sumándonos á conmemoración do 8 de marzo, e reivindicando o papel da muller na sociedade.

Seguimos mantendo as seguintes actividades dirixidas a distintos tipos de público ben en modo virtual ou ao aire libre, e contribuíndo así  ó cumprimento do III Plan de Igualdade recén aprobado: a visibilización dos traballos das mulleres e das situacións de desigualdade nas que vivimos:

  1. V Edición Arteixo Activo…en femenino.

Un evento dirixido á sociedade no seu conxunto.

Esta edición reformúlase e en lugar do evento que tradicionalmente nos xuntaba, inauguraremos unha EXPOSICIÓN NA RÚA que cumple os mesmos obxetivos:

  • Fai unha recopilación das mulleres homenaxeadas e recoñecidas en anteriores edicións: Isabel Naveira Ferreiro, Maribel Otero, Mª del Pilar Martínez García e as percebeiras de Rañobre.
  • Visibilizamos a situación das mulleres en Arteixo con datos significativos e moi interesantes. Convidámovos a vir a velos e sorprenderavos.
  • Informamos sobre os recursos existentes incluíndo o Centro de Información ás Mulleres (CIM) e a entrada en vigor do III Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal

Coincidindo ca  inauguración da exposición na Avda do Balneario ( rúa peonil na confluencia ca Avda. de Arteixo), faremos o RECOÑECEMENTO Á MULLER de ARTEIXO 2021 homenaxeada este ano: Mª del Carmen Verdía , directora de Cáritas Arteixo durante máis de 20 anos e profesional sanitaria máis de 30. Unha muller cunha ampla traxectoria que vive a pandemia moi de cerca en todos os planos da súa vida: no persoal, no profesional e no seu traballo en Cáritas, cunha colaboración intensa co concello e coas persoas máis vulnerables nesta situación, e que identifica a moitas persoas que sufriron a pandemia en primeira liña.

O Concello de Arteixo,  propón por toda a súa traxectoria facerlle unha sentida homenaxe.

Día: 8 de marzo

Lugar: Avda do Balneario (rúa peonil)

Hora: 12 horas

 

  1. Entrega dos premios á rapazada gañadora dos concursos:

 

  •    TIK TOK: dirixido a Secundaria, Bacharelato e FP
  •    FOTOGRAFÍA: dirixido a 5º e 6º Primaria

Día: 15 de marzo

Lugar: CTA ( Centro Tecnolóxico de Arteixo)

Hora: 17 horas

-En Educación Infantil farase entrega de materiais para a promoción da igualdade: Os Bolechas visitan o CIM de Arteixo, editado polo concello de Arteixo.

-Estrea nas redes sociais do concello do audiovisual elaborado a través do proxecto Elas no centro, no que mulleres de Arteixo son protagonistas a través da reflexión, neste caso o tema é “Visibilización do traballo das mulleres”.

-O venres, 5 convidámosvos tamén a participar na obra de teatro Feminísimas, no Auditorio do Centro Cívico Cultural ás 8 da tarde.

cim